O teu espazo mutante en Vigo

entrada

89 m²

A zona de recibidor de MUTA, o teu espazo para eventos en Vigo, conta cun amplo mostrador recuperado dos antigos almacéns Bobillo, que foron a orixe do local.

Sen dúbida, o mellor para recibir os teus convidados, mais tamén para realizar calquera outra actividade, xa que é un espazo polivalente e versátil. Os seus 89 m² permitiranche mesmo crear diversos ambientes, conseguindo sorprender o teu público.

cociña

13 m²

Queres ofrecer obradoiros de cociña? Estás a pensar en levar a cabo un evento gastronómico? Pode ser que che interese dispor dun servicio de cátering para mellorar a experiencia dos asistentes? Se é o teu caso, MUTA é o teu espazo perfecto para eventos en Vigo.

Temos unha cociña de 13 m² perfectamente equipada con prancha, frixideira, dúas placas eléctricas, neveira e lavalouza para que non se che resista ningún menú. Por outra banda, tamén contamos cunha zona que inclúe unha mesa alta con 8 tallos, ideal para desfrutar dunha merecida degustación en canto se apagan os fogóns.

despacho

21 m²

Se o que buscas é un espazo acolledor e cálido para celebrar reunións máis íntimas, esta é a túa mellor opción. Ademais, a zona conta con diversas obras de arte e unha gran libraría iluminada que consegue crear unha atmosfera moi persoal e especial.

 

almacén

78 m²

Reunións de traballo, accións formativas, networking… aquí poderás realizar calquera tipo de evento. Todo, nun ambiente relaxado e agradábel grazas ao seu teito en dúas alturas e luz natural.

E por que este espazo se chama «Almacén»? Fai referencia á situación do antigo almacén da galería Adhoc, cuxa estrutura para a almacenaxe dos cadros se mantén intacta.

núñez

100 m²

Con entrada independente á canella de Núñez, anteriormente usábase para proxeccións de vídeo e instalacións dos artistas que expuñan na galería. E agora? Podes utilizalo para o que desexes, desde presentacións e celebracións até reunións, relatorios ou calquera outro tipo de evento en Vigo.

É para ti se queres unha zona diáfana de estilo industrial e alternativo.

mobiliario dispoñíbel

Todo o que precisas no teu espazo para eventos en Vigo telo en MUTA. Así, ofrecémosche unha ampla variedade de mobiliario, desde cadeiras e mesas de diferentes deseños até proxector, rotafolio e peañas.

MOSTRADOR ANTIGO

mostrador antigo

238cm x 74cm x 86cm (alto)
1 unidade

mesa madeira

150cm x 150cm x 75cm (alto)
1 unidade

silla madeira vintage

deseño escandinavo anos 60
13 unidades

silla negra con patas de madeira

13 unidades

silla tesoira

23 unidades

mesa alta madeira natural

con 8 taburetes de madeira lacados en branco
220cm x 105cm x 100cm (alto)
1 unidade

mesa branca

150cm x 75cm x 74cm (alto)
6 unidades

mesa chocolate

150cm x 75cm x 74cm (alto)
6 unidades

peañas

varios tamaños
5 unidades

proxector

MITSUBISHI HC4000. FULL HD.
Pantalla con medida: 153 x 284 cm. (alto x ancho)
1 unidade

rotafolio

1 unidade

utensilios dispoñíbeis

Ademais, contamos con: 27 pratos chans de 23 cm. de diámetro, 6 pratos chans de 20 cm. de diámetro, 6 pratos sopeiros de 22 cm. de diámetro, 24 cuncas con detalle para agarrar de 2 (alto) x 14 (ancho) x 12 (fondo) cm, 24 cuncas con detalle en pico de 2 (alto) x 10 (ancho) x 8 (fondo) cm, 38 cuncas de café con prato e culleriña.

Muta é o teu espazo para eventos en Vigo. ¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos. Encantaranos escoitarte e axudarte.