Project Description
Catas de entreviños en MUTA
Alugueiro de salas de catas en Vigo
Buscas alugar salas de catas en Vigo? En MUTA ofrecémosche os mellores espazos no centro da cidade para que poidas realizar un evento profesional e completamente axustado ás túas necesidades, tanto se son catas de viño, de cervexa ou de destilados.
Para as catas de entreviños utilizamos distintas salas. Deste xeito, temos ocasión de crear ambientes diferenciados, mellorando a comodidade dos convidados e contribuíndo a que a circulación sexa fluída e agradábel. Ademais, tamén usamos material audiovisual para apoiar as charlas e explicacións dos expertos, así como mobiliario diverso.
Que salas se utilizan para organizar as catas de entreviños?
Entrada (89 m²). Polivalente e versátil, a entrada serve para dar a benvida a todos os asistentes, mais tamén para crear unha zona na que conversar tranquilamente antes de comezar o evento.
Almacén (78 m²). As catas de entreviños realízanse neste espazo porque é unha zona ampla, con luz natural e un teito en dúas alturas. Deste xeito, é posíbel desfrutar da charla dos expertos en viño galego de xeito confortábel e relaxado.
Finalmente, tamén empregamos material audiovisual para mellorar as presentacións dos especialistas en viño galego e mobiliario como cadeiras e mesas.
MUTA, alugueiro de salas de catas en Vigo
Se buscas salas de catas en Vigo, ponte en contacto connosco. Con máis de 300 m², en MUTA temos diversos espazos nos que poderás celebrar o teu evento de xeito óptimo. Ademais, no caso de que precises mobiliario ou material audiovisual, tamén o atoparás á túa disposición.
Non o dubides, se buscas opcións de alugueiro de salas de catas en Vigo, MUTA é unha grande alternativa.
Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.