Project Description

entreviños 2022

unha feira do viño galego no centro de Vigo

entreviños é un evento privado e independente dedicado ao viño galego.

O espazo elixido é MUTA, un local único e singular no centro de Vigo (Joaquín Loriga 9).

O evento nace coa idea de contribuír a pór en valor o viño galego, as súas características e singularidades así como as pequenas adegas que producen dun xeito sostible e respectuoso, e que comercializan o seu viño buscando a relación persoal e directa co establecemento especializado.

Se trata tamén de tomar conciencia da importancia que ten vender e consumir os nosos viños para a economía do sector primario e para asentar o territorio nas zonas rurais.

MERCAR ENTRADAS
entre viños muta vigo

Cando?

16 E 17 XULLO 2022

Sab.: 11:00 – 14:30  || 17:00 – 21:00 
Dom.: 11:00 – 14:30  || 16:00 – 20:00 

En resumo

  • Abono 1 día – 17€

  • Abono 2 días – 30€

  • Mercar entradas en – teuticket.com

  • Ubicación – Joaquín Loriga 9, Vigo

Despois da súa primeira edición en 2019, en entreviños 2022 haberá adegas de todas as D.O. (denominacións de orixe) e IXP (Indiciacións Xeográficas Protexidas Galegas) así contará con adegas como Albamar, Narupa, Adega do Ricón, Pagos de Brigante e os adegueiros Bernardo Estévez ou Xosé Lois Sebio.

entreviños 2022 está organizado por Eva e Inés Román, responsables de Muta, o sumiller e propietario do restaurante Lume de Carozo Juanjo Figueroa e Iria Taibo, tradutora especializada neste sector.

A entrada da dereito a catar todos os viños de cada adegueiro/a.

Teremos á venda “petiscos” para acompañar o viño.

equipo entreviños vigo

Qué vas atopar en entreviños 2022?

A organización facilitará a presenza en entreviños de representantes da hostelaría, para que o sector da comarca viguesa poida coñecer os proxectos presentes na feira.

ADEGAS XA CONFIRMADAS

Adega do Ricón (Arbo. Sin D.O)

Gea (D.O Rías Baixas)

Tolo do Xisto (D.O Ribeira Sacra). Subida xa a redes.

Guímaro (D.O Ribeira Sacra)

Cume do Avia (D.O Ribeiro)

Albamar (D.O Rías Baixas) Subida xa a redes

Cabana das Bolboretas (D.O Rías Baixas)

Bernardo Estévez (adegueiror zona Arnoia) Subida xa a redes

Xose Lois Sebio (adegueiro en varias zonas)

Narupa (D.O Rias Baixas)

Adega Saíñas (D.O Ribeira Sacra)

Viña Somoza (D.O Valdeorras)

Finca Scintilla (D.O Ribeira Sacra) Subida a redes.

Adegas do Rexurdir (D.O Rias Baixas)

Vimbio (D.O Rias Baixas)

Eladio Piñeiro (D.O Rias Baixas)

Destinos Cruzados (Condado de Tea)

Iria Otero (varias D.O)

Pagos de Brigante (IGP Betanzos)

MERCAR ENTRADAS