Project Description
III Xornada Gastronómica do Gerês-Xurés co chef Rafa Centeno
evento gastronómico en Vigo
Non hai dúbida de que o interese polos fogóns está en auxe. Por iso, cada vez son máis as empresas que buscan un espazo para eventos gastronómicos en Vigo que sexa multifuncional, con cociña aberta e diversos ambientes que aseguren unha experiencia única.

Despois de saber todos os detalles da actividade e cales eran as necesidades dos promotores, propuxémoslles diferentes salas nas que desenvolver o evento. Así, os participantes puideron desfrutar dunha degustación ao máis alto nivel.
Que salas se utilizaron na III Xornada Gastronómica do Gerês-Xurés?
Entrada (89 m²). Imprescindíbel se se quere dar unha gran benvida aos asistentes antes de comezar a degustación. Ademais, converteuse na zona perfecta para charlar parolar de xeito informal e descubrir a exquisita gastronomía do Xurés, xa que se puxeron uns mostradores con produtos da zona.
Cociña (13 m²). Por suposto, ofrecemos aos organizadores unha cocina completamente equipada na que crear os saborosos pratos da xornada. O mellor? Ao ser aberta permite unha circulación cómoda e práctica, podendo servir os menús de xeito áxil.
Almacén (78 m²). A degustación fíxose neste espazo, logrando un ambiente moi relaxado grazas ao seu teito en dúas alturas e á entrada de luz natural.
Finalmente, achegamos material audiovisual para proxectar diversas imaxes durante a comida, así como diferente mobiliario: cadeiras, mesas…
Queres organizar un evento gastronómico en Vigo?
MUTA é o teu espazo para eventos gastronómicos en Vigo. Acollemos desde degustacións e obradoiros de cociña até reunións corporativas con catering.
Contamos cunha cociña de 13 m² completamente equipada na que elaborar os mellores menús. Ademais, posuímos 4 espazos versátiles e funcionais para adaptar a actividade culinaria ás túas necesidades.
Buscas un espazo para eventos gastronómicos en Vigo? MUTA é a mellor solución. Se queres máis información, non dubides en pórte en contacto connosco.
Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.