política de privacidade

A presente Política de privacidade regula o uso do servizo do portal de Internet con enderezo www.muta.gal, cuxo responsábel a efectos identificativos é: 

  • RESPONSÁBEL: ESPACIO MUTA, S.L.
  • CIF: B27856525
  • Enderezo: Rúa Joaquín Loriga 9, Vigo, 36023, Pontevedra.
  • Teléfono: 616720755
  • Correo electrónico: muta@muta.gal

Finalidade: para que tratamos os teus datos?

A efecto do previsto no RXPD de 27 de abril de 2016, e a LO 3/2018, trataremos os datos que recollamos para as seguintes finalidades:

  • Contactar contigo en caso de que así nolo pidas.
  • Xestionar a túa navegación na web, no seu caso.
  • Remitirche comunicacións comerciais acerca dos nosos produtos e servizos.

Para iso, o usuario disporá dun formulario de rexistro que se se cobre lexitimará o interesado ao acceso e desfrute de determinados servizos ofrecidos na web.

Porén, infórmase ao usuario de que en todo formulario de contacto o mesmo será informado do uso que se fará dos datos obtidos e, se son utilizados para un fin distinto, o devandito consentimento obterase previamente e de xeito expreso.

Se o consentimento do interesado se dá no contexto dunha declaración escrita que tamén se refira a outros asuntos, a solicitude de consentimento presentarase de xeito que se distinga claramente dos demais asuntos, de xeito intelixíbel e de fácil acceso e utilizando unha linguaxe clara e sinxela, de conformidade co artigo 7.2 do RXPD de 27 de abril de 2016.

Lexitimación: cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?

A base legal para o tratamento dos teus datos basearase en:

  • O consentimento do interesado, para o tratamento dos seus datos, conforme o artigo 6. 1. a) do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.
  • A necesaria execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais, conforme o artigo 6. 1. b) do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.

Destinatarios: a quen comunicamos os teus datos?

Os datos persoais non serán obxecto de cesión salvo no cumprimento de obrigas legalmente establecidas ou para dar soporte aos servizos vinculados a este tratamento.

Conservación: durante canto tempo conservamos os teus datos?

Conservaremos os datos de carácter persoal durante cando menos 5 anos en caso de que sexas cliente e para o estrito cumprimento das obrigas legais establecidas na normativa.

En caso de non ser cliente, conservaremos os teus datos o mínimo tempo indispensábel para xestionar a nosa relación.

Dereitos: cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se están tratando datos persoais que lle afecten.

As persoas interesadas teñen dereito a poder acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ao tratamento dos seus datos. En tal caso, deixarán de tratarse os datos, salvo por motivos lexítimos ou o exercicio ou a defensa de posíbeis reclamacións.

As persoas interesadas poderán solicitar a portabilidade dos datos para obter os datos que proporcionaron nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, para ser descargados por si mesmos ou transmitidos a outra entidade.

A persoa interesada pode exercer os seus dereitos dirixindo un correo electrónico ao enderezo de correo electrónico muta@muta.gal, ou, no seu caso, ao enderezo físico Rúa Joaquín Loriga 9, Vigo, 36023, Pontevedra.

Consentimento menores: que pasa se es menor de idade?

No suposto de que algúns dos nosos servizos vaian dirixidos especificamente a menores de catorce anos, solicitaremos a conformidade dos pais ou titores para a recollida dos datos persoais ou, no seu caso, para o tratamento automatizado dos datos conforme ao artigo 7 da LOPDXDD.

Exactitude, veracidade e seguridade dos datos: como tratamos os teus datos?

O Usuario é o único responsábel da veracidade e corrección dos datos incluídos, exonerándonos de calquera responsabilidade ao respecto. Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta nos formularios de rexistro ou subscrición. Non responderemos da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte, polo que tampouco asumimos responsabilidade algunha en canto a hipotéticos prexuízos que pidan orixinarse polo uso desa información.

Tamén reservamos o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida na web, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso a esa información.

Non seremos responsábeis ante calquera dano ou prexuízo que poida sufrir o Usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións na información facilitada polo responsábel, sempre que proceda de fontes alleas.

Os datos serán tratados de xeito confidencial e baixo o sometemento a medidas técnicas e organizativas de seguridade axeitadas para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Poderás presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, especialmente cando non obtiveras satisfacción no exercicio dos teus dereitos, no enderezo postal e/ou electrónico indicado na páxina www.aepd.es.