Project Description

entreviños 2023

unha feira do viño galego no centro de Vigo

entreviños é un evento privado e independente dedicado ao viño galego.

O espazo elixido é MUTA, un local único e singular no centro de Vigo (Joaquín Loriga 9).

O evento nace coa idea de contribuír a pór en valor o viño galego, as súas características e singularidades así como as pequenas adegas que producen dun xeito sostible e respectuoso, e que comercializan o seu viño buscando a relación persoal e directa co establecemento especializado.

Tamén se trata de tomar conciencia da importancia que ten vender e consumir os nosos viños para a economía do sector primario e para asentar o territorio nas zonas rurais.

MERCAR ENTRADAS

Cando?

4 e 5 de MARZO 2023

Sab.: 12:30 – 14:00  || 19:00 – 20:30 
Dom.: 11:00 – 14:30  || 17:00 – 20:30 

En resumo

  • Abono 1 día – 20€

  • Abono 2 días – 35€

  • Mercar entradas en – eventbrite.es
  • Ubicación – Joaquín Loriga 9, Vigo

Despois das súas primeiras edicións en 2019 e 2022, en entreviños 2023 haberá adegas de todas as D.O. (denominacións de orixe) e IXP (Indiciacións Xeográficas Protexidas Galegas) así contará con adegas como Cabana das Bolboretas, Adegas Moure, Bodegas Petrón, O Cepado, Fazenda Augalevada, e os adegueiros Bernardo Estévez ou Pedro Méndez.

entreviños 2023 está organizado por Eva e Inés Román, responsables de Muta, o sumiller e propietario do restaurante Lume de Carozo Juanjo Figueroa e Iria Taibo, tradutora especializada neste sector.

A entrada da dereito a catar todos os viños de cada adegueiro/a.

Teremos á venda “petiscos” para acompañar o viño.

equipo entreviños vigo

Qué vas atopar en entreviños 2022?

A organización facilitará a presenza en entreviños de representantes da hostelaría, para que o sector da comarca viguesa poida coñecer os proxectos presentes na feira.

SÁBADO POLA MAÑÁ

CATA COMENTADA CON LUÍS L. PAADÍN – 12:30 – 14:00

Luis L. Paadín é un dos grandes divulgadores do viño galego. A súa formación como sommelier e a súa actividade asociativa e formativa son só algunhas das facetas do seu labor de difusión do viño, especialmente o galego. É autor e coeditor da Guía de vinos, bodegas y destilados de Galicia, que conta xa con trece edicións, e de Las piedras que hacían vino, sobre os lagares rupestres galegos.

SÁBADO POLA TARDE

CATA E PRESENTACIÓN DO LIBRO «A NACIÓN DOS MIL VIÑOS» – 19:00 – 20:30

Martiño Santos e Xosé Gontá son os responsábeis de Vide, Vide!, un espazo enocultural de Santiago de Compostela que é un referente para o viño galego. Vide, Vide! nace co obxectivo de divulgar o viño galego e a cultura do viño. Ademais da tenda da rúa Fonte de Santo Antonio, organizan actividades formativas e culturais. En 2022 publicaron o libro A nación dos mil viños.

21:00 – PRESENTACIÓN

Presentación desta nova edición de entreviños, con música a cargo do productor Yung Denzo.

DOMINGO, FEIRA ENTREVIÑOS

ADEGAS XA CONFIRMADAS

Adega do Ricón (Arbo)

Pagos de Brigante (IXP Betanzos)

Iria Otero (varias zonas)

Bodegas Petrón (Ribeira Sacra)

Tolo do Xisto (D.O Ribeira Sacra)

Pedro Méndez (Salnés)

Cume do Avia (D.O Ribeiro)

O Cepado (D.O Valdeorras)

Albamar (D.O Rías Baixas)

Fazenda Augalevada (Ribeiro)

Cabana das Bolboretas (D.O Rías Baixas)

Vides Singulares (IXP Val do Miño)

Bernardo Estévez (Ribeiro)

Finca Scintilla (Ribeira Sacra)

Adegas Moure (D.O Ribeira Sacra)

Dona Elisa (D.O Ribeiro)

Viña Meín (Ribeiro)

Jorge Marcote Viticultor (O Rosal)

Rodrigo Méndez (Salnés)

Saíñas (D.O Ribeira Sacra)

Boas Vides (Ribeiro)

Adega do Vimbio. Teimosía (Rías Baixas)

Os Cipreses (D.O Ribeira Sacra)

Adolfo Castro Carpintero (colleiteiro) D.O Ribeiro

Couto Mixto. Xico de Mandín (Monterrei)

Atrium Vitis (D.O Ribeira Sacra)

MERCAR ENTRADAS