Project Description
Arizona Vintage
Espazos para Pop Up Stores en Vig
En MUTA tamén é posíbel o alugueiro de espazos para Pop Up Stores en Vigo. De feito, ao longo da nosa traxectoria albergamos diferentes tendas de venta efémeras, entre as que destaca Arizona Vintage, recoñecida firma de roupa xuvenil.
Grazas á versatilidade do espazo e á súa localización, en pleno centro de Vigo, MUTA é perfecto para instalar as tendas Pop Up, de aí que Arizona Vintage decidira confiar no noso local para crear o seu espazo de venta efémero.
Despois de coñecer todas as súas necesidades, encargámonos de pór á súa disposición diferentes zonas co fin de desenvolver o evento de xeito óptimo.
Que salas se utilizaron para organizar a Pop Up Store de Arizona Vintage?
Entrada (89 m²).Para a Pop Up Store de Arizona Vintage en Vigo habilitouse a entrada, unha zona que servía de antesala da tenda. Gracias a isto, conséguese unha circulación agradábel para o público e, ademais, créase un ambiente moito máis amplo e diáfano.
Almacén (78 m²). A tenda situouse neste espazo porque conta con luz natural e un teito en dúas alturas que proporciona un maior confort a todos os asistentes. Por ser unha zona tan espazosa, tamén se instalaron os probadores.
MUTA, alugueiro de espazos para Pop Up Stores en Vigo
En MUTA temos os mellores espazos para que poidas organizar o teu evento Pop Up Store en Vigo. Ademais, atopámonos en pleno centro da cidade e contamos con máis de 300 m² distribuídos en diferentes salas.
Se estás buscando espazos para Pop Up Stores en Vigo, ponte en contacto connosco. Axudarémoste en todo o que precises para que poidas desenvolver o teu evento de xeito óptimo.
Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.