Project Description

entreviños, feira de viño galego en MUTA

Alugueiro de espazos para feiras e eventos en Vigo

En MUTA, ademais de ofrecer os nosos diferentes espazos para feiras e eventos en Vigo de xeito que poidas alugar aqueles que máis se axusten ás túas necesidades específicas, organizamos a feira de viño galego entreviños, que reuniu un total de 28 adegas.

entreviños é un evento privado e independente dedicado ao viño galego, que nace coa idea de contribuír a pór en valor o viño galego, as súas características e singularidades, así como as pequenas adegas que producen dun xeito sostíbel e respectuoso, e que comercializan o seu viño buscando a relación persoal e directa co establecemento especializado. Trátase tamén de promover entre os hostaleiros e os consumidores a importancia para a nosa economía e o noso sector agrícola de vender e consumir os nosos viños.

entreviños feria de vino gallego

Por todo isto, ademais de contar con espazos para que os produtores puidesen mostrar os seus proxectos a profesionais e público xeral, a feira ofrece catas para desfrutar dos viños que producen e charlas cun marcado carácter didáctico que enriquecen a experiencia.

En entreviños utilizáronse diferentes espazos de MUTA que permitiron unha boa fluidez interior e crearon un percorrido cómodo e con espazo suficiente para deterse sen xerar aglomeracións.

Que salas se utilizaron para organizar a feira de viño galego de entreviños?

Entrada (89 m²).Nun dos laterais da entrada colocáronse varias das adegas. Dese xeito xa se recibía aos visitantes mostrándolles os primeiros produtores, ao tempo que se xeraba un tránsito cara o resto de espazos sen amoreamentos nin estreitezas.

Cociña (13 m²).A cociña púxose a disposición dunha queixaría tradicional e unha conserveira para que puidesen presentar os seus produtos, que ademais podían ser degustados polos asistentes.

Almacén (78 m²). Este espazo empregouse para algunha das charlas e para seguir dispondo os diversos espazos de cada unha das adegas presentes. Grazas á súa amplitude, púidose visitar cada adegueiro e adegueira co tempo e espazo suficientes para que puidesen ensinar e explicar os seus procesos.

Sala Núñez (100 m²).Como é unha zona de grande espazo, a sala Núñez resultou fundamental para as proxeccións, as charlas e, por suposto, as catas de viño. Neste sentido, púidose ver unha curtametraxe sobre a vendima tradicional na Ribeira Sacra. Ademais, Pablo Sáa, profesor de viticultura, realizou a charla «A viña e o viño», así como unha cata de viños galegos monovarietais. Para iso, proporcionouse os relatores o material audiovisual necesario e todas as pezas do noso mobiliario.

MUTA, alugueiro de espazos para feiras e eventos en Vigo

Buscas opcións de alugueiro de espazos para feiras e eventos en Vigo? Non busques máis, MUTA é a opción ideal. Grazas á diversidade, a disposición e as posibilidades que ofrecen as nosas salas, estamos convencidas de que poderemos axudarte.

Ponte en contacto connosco e cóntanos o que precisas!

Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.