Project Description
Evento de Mulleres Atlánticas en MUTA
Alugueiro de salas de reunións e de formación en Vigo
En MUTA encargámonos do alugueiro de salas de reunións e de formación en Vigo. Deste xeito, poderás celebrar o teu evento corporativo no centro da cidade comodamente. De feito, contamos con máis de 300 m² distribuídos en diferentes espazos para que sexa sinxelo escoller a sala ou salas que mellor se axusten aos teus requisitos.
Grazas a isto, acollemos múltiples actividades laborais, desde accións de networking ou xornadas formativas até conferencias, presentacións, obradoiros, seminarios ou conferencias de prensa.
Unha vez que coñecemos as súas necesidades, proporcionámoslles diversos espazos co fin de que a reunión se desenvolvese á perfección, dun xeito cómodo, práctico e funcional. Ademais, tamén lles ofrecemos tanto material audiovisual como mobiliario.
Que salas se utilizaron para organizar a reunión de Mulleres Atlánticas en Vigo?
Entrada (89 m²). Unha das zonas que se utilizaron foi a entrada, o que lles permitía recibir as case 40 emprendedoras e empresarias cunha cálida benvida e entregarlles a acreditación. Do mesmo xeito, é un espazo que axuda a xerar un ambiente máis relaxado antes de dar comezo ao evento corporativo.
Sala Núñez (100 m²).Para a reunión, escolleuse esta sala porque lles proporcionaba unha maior intimidade. Conta cunha entrada independente ao canellón de Núñez e, ademais, é espazosa, diáfana e de marcado estilo industrial. Grazas á súa amplitude, tamén tiveron ocasión de distribuír unhas mesas con entrantes e bebidas para as convidadas.
Por suposto, puxemos ao seu dispor material audiovisual (proxector, rotafolio) e o mobiliario que precisaban, como cadeiras e mesas, para que puidesen celebrar a súa reunión de xeito adecuado.
MUTA, alugueiro de salas de reunións e de formación en Vigo
Buscas opcións de alugueiro de salas de reunións e de formación en Vigo? MUTA é unha excelente alternativa. No noso espazo poderás levar a cabo todo tipo de actividades laborais.
Ponte en contacto connosco e cóntanos o que precisas. Axudarémoste a celebrar o teu evento corporativo de xeito óptimo.
Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.