MUTA
un espazo para eventos no centro de Vigo

aínda non coñeces a nosa historia?

MUTA, espazo para eventos no centro de Vigo situado en Joaquín Loriga 9, é un lugar singular e cheo de historia. Ao longo dos anos acolleu diversos negocios. En 1960, Joaquín Bobillo González abre os icónicos Almacenes Bobillo, un dos nomes propios da cidade olívica que se encargaba de vender por xunto las, mantas e zapatillas.

almacenes bobillo antiguo cartel vigo

Xa en 2004 se instalou a galería adhoc, especializada en arte contemporánea conceptual e na que traballaba Inés Román, unha das socias de MUTA. Pola galería pasaron numerosos artistas nacionais e internacionais, así como novos artistas galegos.

Muta nace en 2018

Finalmente, en 2018 abre MUTA, un local polivalente e versátil que alberga diversas salas nas que organizar todo tipo de actividades. Os seus máis de 300 m² serven de espazo para eventos corporativos e culturais, feiras e congresos ou reunións e accións formativas.

Nela, aínda se poden ver obras de arte que pertencían á galería adhoc ou mobiliario dos Almacenes Bobillo, como o mostrador que preside a entrada. Lembranzas das actividades que se desenvolvían no pasado no local e que, sen dúbida, enriquecen o espazo, converténdoo nun espazo único e diferente no centro de Vigo.

á fronte de MUTA

Inés e Eva Román

Eva Román e Inés Román - Espacio Muta Vigo

No año 2002, Inés Román comezou a traballar na galería adhoc coa súa nai, Inés Ramiro. Despois, en 2004 trasladáronse a Joaquín Loriga 9, onde mantiveron a súa actividade até 2017.

Pola súa banda, Eva Román estivo durante moitos anos traballando na taxación de arte e antigüidades. Posteriormente, montou en Santiago un centro de xestión privada no que tiñan lugar obradoiros artísticos e sociais, así como unha extensa programación cultural (concertos, teatro…) orientada ao público familiar.

Ao pechar adhoc, Inés e Eva Román decidiron, en 2018, que era o momento de emprender xuntas un novo negocio: MUTA, espazo para eventos no centro de Vigo.

Así, na actualidade xestionan o alugueiro das salas para a realización de todo tipo de actividades sempre en colaboración cos organizadores para cubrir as súas necesidades. Ademais, tamén levan a cabo eventos propios, como entreviños, unha feira dedicada a mostrar o traballo de pequenos produtores vinícolas galegos. Esta dualidade resúltalles moi estimulante, xa que poden coñecer persoas moi interesantes e con grandes inquedanzas, ao tempo que achegan o seu propio gran de area ao tecido cultural da cidade.

MUTA, espazo mutante en Vigo

MUTA é un espazo para eventos no centro de Vigo que destaca pola súa versatilidade, a súa amplitude e o seu encanto. Ademais, posúe unha arquitectura privilexiada: teitos altos e luz natural que se unen a unha decoración única, con mobiliario de deseño e obras de arte.

Por todo isto, é un lugar moi especial que ofrece infinitas posibilidades, podéndose adaptar a numerosas celebracións, desde reunións de empresa, exposicións ou degustacións de produto até sesións fotográficas, conferencias ou presentacións.

En definitiva, se buscas un espazo para eventos no centro de Vigo, MUTA é unha excelente opción. Ponte en contacto connosco!