política de privacidade
A presente Política de privacidade regula o uso do servizo do portal de Internet con enderezo www.muta.gal, cuxo responsábel a efectos identificativos é:
- RESPONSÁBEL: ESPACIO MUTA, S.L.
- CIF: B27856525
- Enderezo: Rúa Joaquín Loriga 9, Vigo, 36023, Pontevedra.
- Teléfono: 616720755
- Correo electrónico: muta@muta.gal
Finalidade: para que tratamos os teus datos?
A efecto do previsto no RXPD de 27 de abril de 2016, e a LO 3/2018, trataremos os datos que recollamos para as seguintes finalidades:
- Contactar contigo en caso de que así nolo pidas.
- Xestionar a túa navegación na web, no seu caso.
- Remitirche comunicacións comerciais acerca dos nosos produtos e servizos.
Para iso, o usuario disporá dun formulario de rexistro que se se cobre lexitimará o interesado ao acceso e desfrute de determinados servizos ofrecidos na web.
Porén, infórmase ao usuario de que en todo formulario de contacto o mesmo será informado do uso que se fará dos datos obtidos e, se son utilizados para un fin distinto, o devandito consentimento obterase previamente e de xeito expreso.
Se o consentimento do interesado se dá no contexto dunha declaración escrita que tamén se refira a outros asuntos, a solicitude de consentimento presentarase de xeito que se distinga claramente dos demais asuntos, de xeito intelixíbel e de fácil acceso e utilizando unha linguaxe clara e sinxela, de conformidade co artigo 7.2 do RXPD de 27 de abril de 2016.
Lexitimación: cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?
A base legal para o tratamento dos teus datos basearase en:
- O consentimento do interesado, para o tratamento dos seus datos, conforme o artigo 6. 1. a) do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.
- A necesaria execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais, conforme o artigo 6. 1. b) do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.
Destinatarios: a quen comunicamos os teus datos?
Os datos persoais non serán obxecto de cesión salvo no cumprimento de obrigas legalmente establecidas ou para dar soporte aos servizos vinculados a este tratamento.
Conservación: durante canto tempo conservamos os teus datos?
Conservaremos os datos de carácter persoal durante cando menos 5 anos en caso de que sexas cliente e para o estrito cumprimento das obrigas legais establecidas na normativa.
En caso de non ser cliente, conservaremos os teus datos o mínimo tempo indispensábel para xestionar a nosa relación.
Dereitos: cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se están tratando datos persoais que lle afecten.
As persoas interesadas teñen dereito a poder acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ao tratamento dos seus datos. En tal caso, deixarán de tratarse os datos, salvo por motivos lexítimos ou o exercicio ou a defensa de posíbeis reclamacións.
As persoas interesadas poderán solicitar a portabilidade dos datos para obter os datos que proporcionaron nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, para ser descargados por si mesmos ou transmitidos a outra entidade.
A persoa interesada pode exercer os seus dereitos dirixindo un correo electrónico ao enderezo de correo electrónico muta@muta.gal, ou, no seu caso, ao enderezo físico Rúa Joaquín Loriga 9, Vigo, 36023, Pontevedra.
Consentimento menores: que pasa se es menor de idade?
No suposto de que algúns dos nosos servizos vaian dirixidos especificamente a menores de catorce anos, solicitaremos a conformidade dos pais ou titores para a recollida dos datos persoais ou, no seu caso, para o tratamento automatizado dos datos conforme ao artigo 7 da LOPDXDD.
Exactitude, veracidade e seguridade dos datos: como tratamos os teus datos?
O Usuario é o único responsábel da veracidade e corrección dos datos incluídos, exonerándonos de calquera responsabilidade ao respecto. Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta nos formularios de rexistro ou subscrición. Non responderemos da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte, polo que tampouco asumimos responsabilidade algunha en canto a hipotéticos prexuízos que pidan orixinarse polo uso desa información.
Tamén reservamos o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida na web, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso a esa información.
Non seremos responsábeis ante calquera dano ou prexuízo que poida sufrir o Usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións na información facilitada polo responsábel, sempre que proceda de fontes alleas.
Os datos serán tratados de xeito confidencial e baixo o sometemento a medidas técnicas e organizativas de seguridade axeitadas para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Poderás presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, especialmente cando non obtiveras satisfacción no exercicio dos teus dereitos, no enderezo postal e/ou electrónico indicado na páxina www.aepd.es.