Project Description

Caspervek, cine mudo e música en directo

espazo para eventos culturais en Vigo

Nos últimos anos, Caspervek converteuse nun referente europeo dos cine concertos. De feito, ao longo da súa traxectoria, levou a cabo máis de 200 actuacións en 14 países diferentes e MUTA, espazo para eventos culturais en Vigo, puido acoller diversas sesións do seu cine mudo con música en directo.

Caspervek, cine mudo y música en directo | Eventos culturales en Vigo

Cine e música únense nesta actividade conseguindo que os asistentes desfruten non só de grandes obras, senón tamén dunha experiencia única a través dun concerto en directo.

Despois de coñecer en detalle todas as necesidades de Caspervek, ofrecémoslles diferentes espazos para que a sesión se desenvolvese de xeito óptimo. Igualmente, tamén nos encargamos de proporcionarlles o equipo audiovisual para proxectar as películas.

Que salas se utilizaron no evento organizado por Caspervek?

Entrada (89 m²).Habilitouse para recibir os convidados e que puidesen agardar pola proxección comodamente, mentres parolaban de xeito distendido. Por suposto, trátase dunha zona versátil e polivalente, podendo utilizarse para crear diversos ambientes noutro tipo de eventos.

Sala Núñez (100 m²).É o espazo no que teñen lugar as sesións de cine mudo con música en directo organizadas por Caspervek. Con entrada independente ao canellón de Núñez, é unha zona ampla, diáfana e de marcado estilo industrial que se pode utilizar tanto para proxeccións de cine como para concertos ou calquera outra actividade cultural (exposicións de arte, obradoiros, charlas…).

Ademais, tamén nos encargamos de ofrecerlles o material audiovisual necesario para que puidesen levar a cabo a proxección, así como o mobiliario axeitado (cadeiras, mesa…).

MUTA, espazo para eventos culturais en Vigo

Se estás buscando un espazo para eventos culturais en Vigo, MUTA é a mellor opción. Contamos con máis de 300 m² distribuídos en diferentes salas nas que se poden realizar todo tipo de actividades, desde concertos ou proxeccións de cine até obradoiros de arte, exposicións ou calquera outro evento que queiras organizar.

Queres alugar un espazo en Vigo para organizar unha actividade cultural e precisas máis información? Ponte en contacto connosco, axudarémoste en todo o que precises.

Síguenos en Instagram para informarte de toda a nosa programación.